LIBRO DE MIRANDA

junio 29, 2010

Este libro é un caderno de bitácora dos países que percorreu Miranda en globo, viaxar enriquece moitísimo e todo o que aprendeu puidemos reflexarlo neste caderno, os lugares polos que pasou a nosa amiga son: en África– Arxélia, en Asia– China, en América– Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Nicaragua, Paraguay, Uruguay e Venezuela e de Europa– Austria, Escocia, Francia, Inglaterra, Portugal, Rusia e Ucrania.

Estos países son das culturas d@s nen@s que conviven no centro, delas coñecimos mediante unha gincana con pistas a bandeira, o mapa, a gastronomía, o traxe típico, un monumento natural ou artificial, un instrumento musical e un xogo típico destes países.

Grazas a colaboración de todo o profesorado e d@s nen@s en particular fixose posible, esperamos que vos guste

Se queres podes parar a presentación na parte esquerda de abaixo.

Atlas dos amigos de Miranda.

junio 29, 2010

Coa axuda do libro NIÑOS COMO YO fixemos a actividade “Os amigos de Miranda”.

Aquí temos algúns d@s nen@s que coñeceu na súa viaxe.

Aprendemos os países d@s amig@s de Miranda.

Coñecemos a Galicia Rural.

junio 29, 2010

Probamos as AREPAS: comida típica de VENEZUELA

junio 29, 2010

A arepa é unha torta de masa ou fariña de maíz de forma circular e semi-aplanada que xeralmente se prepara asada ou fritida. É un alimento que serve para comerse como prato principal o como acompañante, soa o rellena, comúnmente como parte do almorzo, a comida ou a cea. É un prato tradicional da gastronomía colombiana, panameña e venezolana. Ademáis, está tendo moita difusión en Estados Unidos e en España grazas aos emigrantes hacia ditos países.

Grazas a dedicación da nai de Arturo e Gabriel probamos as AREPAS antes do recreo. Hai que dicir que están boísimas!

A MIÑA PROFE É UNHA ROBOT?

junio 29, 2010

Os nen@s de 2º coa colaboración da mestra de
música Isabel  fixeron unha gravación 
dun conto creado pola ASALAPENSADA.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Segundo a creadora Yolanda Mored:

<<Este é un proxecto elaborado en paralelo coas actividades do centro dirixidas aos nenos e nenas para o coñecemento e divulgación de culturas de distintos países. Aproveitando as cancións, contos, gastronomía e demais feitos culturais que eles aprenderon nas aulas creamos este conto.

Ao mesmo tempo, a intención é aproximar a rapazada a sua contorna máis inmediata, o concello onde viven, e procurar que o vexan con ollos máis curiosos.

Tamén pretendemos revindicar a figura dos mestr@s como persoas únicas, especiais, exemplo a seguir polos nosos fillos e que deixarán para sempre unha pegada imborrable na evolución dos alumn@s.

Neste caso, María José é unha robot, unha loitadora polo ben e a xustiza, que ten unha máquina voadora na que levará as nosas fillas e fillos a descubrir o mundo enteiro.

Espero que vos guste.>>

Esta obra é propiedade da “asalapensada” está suxeita a dereitos de autor. Non está permitida a súa distribución e venta. Asalapensada. contacto Yolanda Mored 657227383 o     http://www.asalapensada.es

ECOITA O CONTO DANDO A PLAY

http://www.ivoox.com/a-mina-profe-e-unha-robot_md_316672_1.mp3″ Ir a descarga

EXPOSICIÓN DO MUNDO II

junio 29, 2010

Grazas a tod@s por colaborar na EXPOSCIÓN DO MUNDO, moitas das familias do colexio participaron con materiais de distintos países, poidendo os nen@s do Mosteirón viaxar por case todos os continentes nunha pequena viaxe… ao redor do mundo.

ÁFRICA

AMÉRICA

ASIA

EUROPA


Miranda invitavos a ver a EXPOSICIÓN DO MUNDO.

junio 29, 2010

Contos do mundo: lecturas das familias

junio 9, 2010

O mes de maio tivemos a sorte de contar coa participación dalgúnhas nais e pais para contar contos de distintas partes do mundo aos nosos nen@s.  Contamos coa colaboración de:

Julio pai de Alicia, unha nena de 2º B, que veu contarnos un conto de Ucrania chamado “El perro viejo y el lobo”, dos animais que axúdanse a sobrevivir ao lado do home con distintas argucias.

Eidy nai de Leoneidy, unha nena de 2º A, e de Leonar, un neno de 5º, que veu contarnos un conto de Venezuela “La Cucarachita Martinez”, un conto moi parecido a ratiña presumida pero con distintos personaxes e cun final moi tenro xa que demostra que a amizade é moi importante.

Paula nai de Lúa, unha nena de Infantil 3 anos, que veu contarnos un conto de Arxentina “Carmiña la pingüina que viene de Argentina” dunha pingüina que ten que adaptarse a vida fora do seu habitat, o polo Sur, e aprender a ir a escola cos demais nenos, por suposto o consigue pero botando de menos a súa terra.

Celia, nai de Diego, un neno de 1º B, que veu contarnos un libro propio da nosa terra galega “O país dos mandóns” sobre a igualdade de homes e mulleres, nenos e nenas contados de forma moi divertida.

Javier, pai de Alejandro, un neno de 2ºA, que veu contar a clase de 2ºA un conto de Costa Rica chamadoEl murcielaguito olvidadizo”, moi parecido ao conto de Stelaluna e moi divertido, na clase non paramos de rir. E ademáis tivemos a sorte de ver cousas típicas de Costa Rica: postais, os colones (as moedas), un caimán disecado,…e probar un pastel de Mango feito pola avoa de Alejandro, moitas grazas a todos.

Miniclub de lecturas. “Fábulas africanas: El león no es el rey de los hombres”.

junio 4, 2010

Libro: Fábulas africanas.

Lenda: “El león no es el rey de los hombres”

Le un conto do mundo…

junio 3, 2010

Pincha na imaxe e elixe o conto do mundo que queras ler.